" />

Á venda as primeiras entradas para As Noites de Caudal na web do festival

As primeiras entradas para As Noites de Caudal Fest, o ciclo de concertos seguros e de aforo reducido que se celebrará en Lugo do 3 ao 20 de setembro, poderán adquirirse a partir de hoxe, na páxina web do festival (www.caudalfest.es). Os prezos dos tíckets, van dende os 14 aos 35 euros, máis gastos de xestión. Para cada actuación permitirase seleccionar asentos que serán unipersoais e intransferibles. Como novidade, haberá actuacións gratuítas e humorísticas.

Izal, M-Clan, Amaral e Dorian serán os cabezas de cartel da terceira edición do festival urbano por excelencia de Lugo, que este ano reinvéntase para cumprir cos protocolos satinatarios. Ana Guerra, Hard GZ, Maialen, Baiuca, Ortiga, Holywater e David Prado completan o cartel, que contará, ademais, co humor da monologuista Martita de Graná.

En total, serán 12 actuacións de artistas nacionais e galegos que contarán cun aforo máximo de 800 persoas, distribuidas en formato teatro con sillas, e cun espazo de 3 metros cadrados por persoa garantizando a distancia mínima de 1,5 metros entre cada asistente. Os escenarios estarán ubicados en dúas localizacións da cidade: a Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O acceso do público realizarase por fases, controlando a temperatura dos asistentes no momento que realicen a cola e os asentos serán asignados previamente

 

Programación

Praza de Augas Férreas

Xoves 3 de setembro – Hard GZ

Venres 4 de setembro – Dorian

Sábado 5 de setembro – Ana Guerra

Domingo 6 de setembro – Holywater

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

Xoves 10 de setembro – David Prado

Venres 11 de setembro – Izal

Sábado 12 de setembro – Chica Sobresalto (Maialen)

Domingo 13 de setembro – Ortiga

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

Xoves 17 de setembro – Martita de Graná

Venres 18 de setembro – M-Clan

Sábado 19 de setembro – Amaral

Domingo 20 de setembro – Baiuca

 

Medidas de seguridade

As Noites de Caudal Fest contarán con estritas medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 entre as que se atopan as seguintes: uso obrigatorio de mascarilla; entradas nominativas; circulación organizada e sinalizada en todo o recinto; carrís separados de acceso e saída; control da distancia de seguridade; tickets e control dixital (sen contacto); puntos de desinfección de mans; amplos espazos para garantir distanciamento social; asistentes para a organización do público; desinfección continua de barras, baños e zonas de traballadores e público; e acceso con 1h30m de antelación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo