" />

A vindeira semana comezarán as obras na rúa Frai Plácido Lemos

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado da edil responsable de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron as obras que se están a levar a cabo na rúa Río Landro, e que se inciaron a raíz dunha importante fuga de auga no sistema de abastecemetno. Asemade, Arroxo informou que a vindeira semana comezarán as obras na rúa Frai Plácido Lemos.

Nesta visita ao barrio da Cheda, Arroxo afirmou “imos estar pendentes das necesidades de mellora nos barrios por que son parte fundamental da cidade” e avanzou que “dende a concellaría de infraestruturas prioridades e traballaremos para dar solución a moitas pequenas cousas que fan que as veciños e veciñas de Lugo teñan unha maior calidade de vida, especialmente nos barrios”. Esta actuación de renovación dun tramo da rede de abastecemento de auga e de renovación do pavimento da beirarrúa xa fora iniciada no pasado mandato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo