A Xunta acolle a mostra as obras presentadas ao Certame de Arte José Domínguez Guizán

A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego. O certame está organizado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán.

Na inauguración participou o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Carballo; xunto con Xesús Domínguez Guizán e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente respectivamente do Centro Cultural José Domínguez Guizán, e o alcalde de Begonte, José Ulla. A partir do 15 de xaneiro, a mostra pasará á casa da cultura de Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo