A Xunta adxudicará as obras para ampliar o polígono industrial das Gándaras

A Xunta de Galicia adxudicará nas vindeiras semanas as obras de urbanización que permitirán ampliar o parque empresarial das Gándaras, coa incorporación de preto de 220.000 metros cadrados.

Así o anunciou esta mañá a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o encontro que mantivo con cargos directivos da Asociación de empresarios do polígono do Ceao e das Gándaras e cunha trintena de representantes do tecido industrial lucense, no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García.

Cun prazo de execución estimado en 15 meses, ten como fin acometer os traballos de urbanización correspondentes ás fases IV, V e VII-a do polígono, que abranguen unha superficie total de 218.472 metros cadrados e dos cales o 71% se reservará a habilitar novas parcelas de uso industrial.

Tras lembrar que as obras foron licitadas a finais de setembro por un orzamento base de 8,5 millóns de euros, Ángeles Vázquez salientou” o grande interese que espertou este contrato, ao que, de feito, se presentaron un total de 16 ofertas”.

Por último e en resposta á demanda do empresariado lucense con relación ás conexións viarias do polígono, a vicepresidenta comprometeuse a que “a Xunta seguirá insistindo ante o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, na necesidade da conexión coa Ronda Norte, xa que o volume de tráfico que está alcanzando esta área industrial fai prioritario e urxente acadar un compromiso ao respecto por parte do Goberno do Estado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com