" />

A Xunta aplica normas máis duras en Lugo pola Covid-19

O Conselleiro de Sanidade en fucións, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este venres en rolda de prensa que se impoñen novas medidas restritivas para o Concello de Lugo e en especial para o barrio da Milagrosa.

Quedan reducidos os grupos de reunións a un máximo de dez persoas. os aforos redúcense ao 50% e quedan totalmente prohibidas as visitas ás residencias de maiores. Asemade limítanse as celebracións, dando unha marxe de tres días para que se podan celebrar os eventos xa programados aínda que o deben comunicar para que se poda facer un seguimento.

En canto ao barrio da Milagrosa, este contará con medidas máis duras, onde as reunións reduciranse a un máximo de 5 persoas e os bares e cafeterías só poderán atender na terraza, cun máximo de cinco persoas por mesa e quedando prohibido atender dentro do local. O mesmo nos restaurantes que só poderán ter cinco comensais por mesa.

Todas estas medidas que se publicaran no Diario Oficial de Galicia este mesmo venres, entrarán en vigor ás 00:00 horas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo