A Xunta apoia a adquisición dunha máquina destinada á poda de árbores en Láncara

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concedeu ao Concello de Láncara unha achega de 12.750 euros para adquirir unha máquina destinada á realización de podas de árboresVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concedeu ao Concello de Láncara unha achega de 12.750 euros para adquirir unha máquina destinada á realización de podas de árbores coa finalidade de manter despexados os camiños do municipio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a axuda aprobouse a través do Fondo de Compensación Ambiental, que redistribúe os ingresos derivados do canon eólico para financiar obras e servizos municipais relacionados coa protección do ambiente e do espazo natural.

Neste caso, apoiouse a compra dunha máquina prepodadora para instalar nun dos tractores dos que dispón o Concello, que será empregada para cortar as pólas da árbores que invaden os camiños.

Esta iniciativa pretende facilitar a circulación dos veciños e veciñas polas vías de comunicación do municipio e, ao mesmo tempo, servir como medida preventiva contra os incendios forestais, favorecendo que os camiños estean despexados e actúen como posibles corta-lumes.

Balseiro enmarcou esta colaboración para adquirir o novo equipamento na aposta do Goberno galego por colaborar coas administracións locais para mellorar os servizos que se prestan á cidadanía

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com