" />

A Xunta avanza nos traballos de reparación da estrada da Ferrería, no Incio

A Xunta avanza nos traballos para reparar o treito da estrada LU-642, de acceso a Ferreira do Incio, afectado por un temporal de choiva. O desprazamento de terra afectou á plataforma dunha curva situada a media ladeira da estrada de titularidade autonómica LU-642, no treito entre a capitalidade do Concello do Incio e o núcleo de A Ferrería, no punto quilométrico 21+400.

O importe desta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rolda os 200.000 euros, e considérase que as obras estarán rematadas a finais do mes de febreiro. Os temporais destas semanas imposibilitaron que as obras se levaran a cabo de xeito continuo.

Os traballos contemplan a restitución da plataforma da estrada modificando sensiblemente o trazado, de xeito que se desprace a calzada da ladeira inestable o máximo técnicamente viable. Isto é, escavando o noiro de desmonte sen afectar a súa estabilidade, e construíndo un muro de contención da plataforma na marxe oposta. Por último, segundo o proxecto definido polo Departamento de Infraestruturas da Xunta, procederase a repoñerse o firme da calzada e o sistema de contención de vehículos con barreiras de seguridade e a nova construción de cunetas revestidas de formigón para evitar futuras filtracións das augas ao terreo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo