çngeles V‡zquez mantŽn unha reuni—n cos alcaldes de Xermade, Ourol, Abad’n, Valadouro e Muras.

A Xunta destinará 1,4M€ para paliar e prever os danos causados pola fauna silvestre

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta tarde que o vindeiro ano o departamento que dirixe destinará máis de 1,4 millóns de euros a medidas que axuden a paliar e prever os danos que ocasiona a fauna silvestre.

Así llo adiantou a conselleira de Medio Ambiente aos alcaldes de Xermade, Ourol, Abadín, Valadouro e Muras, cos que mantivo unha reunión esta tarde e quen lle trasladaron a súa preocupación polos danos que o xabaril e o lobo está a provocar nos cultivos e nas explotacións gandeiras do seus termos municipais.

Ángeles Vázquez amosou a súa coincidencia nesta cuestión e engadiu que os danos provocados pola fauna silvestre son unha preocupación e un problema do que o Goberno galego é “completamente consciente”. Nese sentido, ao longo de 2019 habilitarase unha partida de 1,4 millóns de euros que permitirá sacar unha nova liña de axudas por danos causados polo xabaril (dotada con 800.000 euros) e polo lobo (350.000 euros); así como outra orde de prevención dos danos provocados pola fauna silvestre (dotada con 300.000 euros).

A modo de exemplo explicou que para reducir a presión do xabaril a Xunta autorizou batidas fóra dos períodos hábiles establecidos como medida de control por danos da poboación de xabaril; e que en ningún caso estas medidas de control poñen en perigo ou supoñen unha ameaza para o seu futuro. Engadiu que as batidas autorizadas aos tecores responden sempre a solicitudes previas formuladas por particulares ou institucións tras constatar danos provocados pola presencia deste animal salvaxe en determinadas zonas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com