" />

A Xunta dota a mondoñedo dun furgón adaptado para persoas con mobilidade reducida ou dependentes

A Xunta de Galicia dotou ao Concello de Mondoñedo dun novo furgón adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida ou en situación de dependencia.

Este novo recurso xurde grazas a unha axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, que financia o proxecto promovido desde a administración local, cunha axuda de preto de 36.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia, presentou este novo vehículo salientando a súa utilidade, xa que logo, está a ser empregado para facilitar o desprazamento a diferentes recursos, tales como o centro de saúde, o centro de servizos socio-comunitarios e o centro de día, entre outros.

Balseiro puxo en valor a amplitude e heteroxeneidade das axudas que xestionan os GDR, como entidades dependentes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e colaboradoras do programa Leader de Galicia 2014-2020.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo