A Xunta Electoral desestima unha denuncia do PP contra Tomé por unha visita á Mariña

A Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo vén de desestimar unha denuncia presentada polo Partido Popular contra o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, por unha visita realizada o pasado 17 de outubro a catro concellos da Mariña.

Á vista da documentación requirida e das alegacións efectuadas, a xuíza determinou que “non se aprecia a existencia inequívoca de indicios de irregularidade que teñan encaixe na infracción prevista no artigo 50 da LOREG”.

A este respecto, José Tomé considerou que, esta resolución “tumba as mentiras do PP contra o Presidente da Deputación e bota por terra tamén o intento á desesperada de tapar con denuncias xudiciais os seus malos resultados electorais e a súa falta de proxecto para a comarca da Mariña e para o conxunto da provincia de Lugo”.

Asemade, dende o Goberno Provincial aseguran que “queda demostrado” que a administración non foi utilizada políticamente polos socialistas, “senón que se tratou dunha visita institucional dentro da actividade ordinaria do organismo”, programada con anterioridade á convocatoria das eleccións xerais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo