A Xunta financia un obradoiro dual que acondiciona espazos en Baralla, Becerreá e As Nogais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, coñeceu hoxe a actividade que está a desenvolver o obradoiro de emprego Neira de Jusá IV, promovido polo Concello de Baralla xunto cos de Becerreá e As Nogais. Trátase dun obradoiro dual con 20 alumnos traballadores, que adquiren coñecementos en operacións de construción e albanelería e dedícanse á rehabilitación de espazos públicos municipais.

Esta iniciativa é financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cunha achega aproximada de 293.000 euros, segundo apuntou o delegado. Este investimento inclúe a concesión de incentivos para a contratación laboral de participantes, que poderán combinar o contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro durante nove meses cun contrato adicional de polo menos tres meses máis nunha empresa da zona. Este obradoiro suma outros catro contratos para postos de dirección, administración e monitores.

Balseiro salientou que os obradoiros son unha das ferramentas máis demandadas dentro das políticas de emprego da Xunta, xa que por un lado favorecen a adquisición de experiencia laboral a través dun contrato de traballo e por outro desenvolven obras ou servizos de interese xeral e social para os concellos.

Neste caso, impártense dúas especialidades: ‘Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción’ -que conta con sete alumnos traballadores de Baralla e seis das Nogais- e ‘Operacións auxiliares de albanelería, fábricas e cubertas’ – con sete participantes de Becerreá-.

Os proxectos previstos para os vindeiros meses, ata finais de xullo de 2019, consisten no acondicionamento e rehabilitación de diversos espazos. Así, en Baralla actuarán na beira do río Neira e o lavadoiro de Ferreiros; nas Nogais traballarán no lavadoiro de Lamazas, o camiño de Alence e a fonte pública de Nullán e en Becerreá está prevista a recuperación da escola de Cruzul para destinala a aula de natureza, o acondicionamento do local da cámara agraria para ampliar as instalacións do GES e a reforma da entrada da nave do mercado gandeiro para dedicala a almacén de maquinaria desa agrupación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com