A Xunta licita obras de reforma nos IES de Monterroso e no Lois Peña Novo de Vilalba

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina un orzamento de 198.400 euros a realizar obras de reforma na cuberta, carpinterías e outros elementos do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Monterroso. Asemade, a Consellería publicou hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de reforma que acometerá no IES Lois Peña Novo de Vilalba, ás que destina 247.000 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou ambos centros para explicar os proxectos ás comunidades educativas.

En Monterroso, comunicou que a Xunta publicou hoxe mesmo a licitación do contrato, que se tramitou pola vía de urxencia para poder executar a meirande parte dos traballos durante as vacacións de verán, de forma que non interfiran coa actividade docente. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 18 de maio e o prazo máximo de execución das obras será de dous meses.

Arias destacou que as reformas enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con 191 millóns de euros. Este plan supón un novo enfoque tras a experiencia da pandemia para dar unha resposta integral ás necesidades educativas, de confort, tecnolóxicas, medioambientais e sanitarias dos centros. Neste sentido, gañan protagonismo os espazos abertos e multifuncionais, e continúan as intervencións destinadas a mellorar a eficiencia enerxética, reducindo o consumo e as emisións contaminantes á atmosfera.

Doutra banda, Javier Arias, explicou no transcurso dunha visita ao instituto Lois Peña Novo de Vilalba que os traballos incluirán a substitución da cuberta e das carpinterías exteriores e a reparación da fachada, conforme ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con 191 millóns de euros.

As actuacións levaranse a cabo nos edificios principal e secundario e permitirán reducir o consumo enerxético do centro ao mellorar as condicións de illamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com