" />

A Xunta licitará en xuño as obras de restauración no claustro da Catedral de Lugo

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe co bispo, Alfonso Carrasco Rouco, a Catedral de Lugo, onde anunciou que a Xunta investirá 650.000€ para poñer en valor e garantir a correcta conservación do claustro, unha zona que na actualidade presenta danos derivados do paso do tempo e factores ambientais. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan Catedrais no
que traballa o Goberno galego para actuar nos templos catedralicios da Comunidade no período 2021-2027.
Como explicou o titular de Cultura, que estivo acompañado tamén polo delegado da Xunta, Javier Arias, o Plan Catedrais é unha “útil ferramenta que marca a folla de ruta dos vindeiros anos no eido patrimonial e que servirá para que as nosas catedrais afronten a década
xacobea nas mellores condicións de conservación”. Así, co horizonte do Xacobeo 2027, a Administración autonómica traballa xa nos cinco grandes templos catedralicios de Galicia que, no seu conxunto, suman máis de 4.500 anos de historia e que están, todos eles,
vinculados ao Camiño de Santiago. De feito, tres delas, como é o caso da Catedral lucense, están incluídas na declaración de Patrimonio Mundial da Unesco.

90 aniversario como Monumento Histórico-Artístico Nacional

A primeira intervención que se porá en marcha en Lugo ao abeiro do Plan Catedrais estará centrada en resolver as patoloxías que afectan ao claustro da Catedral e se licitará nas primeiras semanas de xuño. “Trátase dunha actuación que estamos a piques de licitar e que contará cun prazo de execución de seis meses, polo que estará lista no ano 2022”, explicou. O inicio do proceso administrativo coincidirá, ademais, coa celebración do 90 aniversario da declaración como Monumento Histórico-Artístico Nacional da Catedral de Lugo, que se conmemorará o xoves día 3.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo