A Xunta mellora o espazo de visita ao castro do Teso en Navia de Suarna

A Consellería de Cultura, que contou coa colaboración do concello, vén de rematar unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna. e serviu para ampliar e mellorar o espazo de visita, completando un conxunto de vivendas que crean a visión do poboado e propoñendo un itinerario máis óptimo de acceso e interpretación para o público

Como colofón á actual campaña, a Xunta ofrece este sábado, a partir das 12:00 horas,   unha visita comentada ao xacemento. Igualmente, o domingo á mesma hora convoca  unha acción similar no castro de Formigueiros, en Samos, onde veñen de rematarse  tamén labores de roza e conservación.

En ambos casos as visitas serán conducidas por persoal técnico, son gratuítas e non requiren inscrición previa. Arias indicou que o propósito destas xornadas “é difundir  entre a cidadanía o valor cultural e histórico do noso patrimonio arqueolóxico”.

O delegado da Xunta Xavier Arias, sinalou que a Consellería suma un investimento de máis de 117.000 euros nas distintas fases acometidas desde o ano 2020 no lugar: 65.015 euros en traballos arqueolóxicos e 52.093 euros na reconstrución da antiga capela sita no sector sueste.

Características e achados

No castro do Teso da Ermida leváronse a cabo nestes últimos meses dúas longas sondaxes nunha superficie total de actuación de 97 m2, que permiten contemplar agora varios bancais da ladeira onde se atopan as construcións; son en total 7 vivendas, 4 practicamente completas (3 circulares e unha rectangular) e outras tres parcialmente escavadas, ademais de diferentes zonas de paso, calellos, muros de nivelación e descarga, escaleiras, lousados e sistemas de drenaxe.

Os muros das vivendas son de xisto e lousa cun espesor medio entre 50 e 70 cm, e  aséntase sobre a rocha apreciándose en moitos lugares as marcas de entalles. O teitume das vivendas apoiaba nos paramentos de cachotería e estaban construídos en palla sobre ,os traballos tamén contaron coa un armazón de vigas de madeira.

A distribución interior das cabanas tiña varios niveis: a disposición de dous ou máis niveis facíase por medio de fallados de madeira apoiados nos rebaixes feitos nos muros e que seguramente non pechaban completamente os distintos espazos. No piso inferior construíase o complexo doméstico, que incluía o fogar, paraventos, braseiro e nalgún caso un banco corrido.

Localizáronse ademais 176 pezas, fundamentalmente material cerámico e de carácter moi doméstico, entre os que se atoparon manufacturas romanas das que se deduce a existencia dun comercio integrado no mundo romano. Destaca un fragmento de paredes finas de Melgar de Tera que aporta información cronolóxica, xa que este tipo de cerámica enmárcase na metade do século I d.C.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com