" />

Encontro de Bandas e Homenaxe aos Músicos históricos no bicentenario do Concello de Paradela

Este domingo, 31 de xullo, Paradela vai vivir unha xornada musical dentro dos actos do Bicentenario do seu concello, na que se renderá homenaxe aos músicos históricos que formaron parte da Banda de Paradela, que cumprirá 150 anos o próximo 2023.

Os actos comezarán no Cemiterio de San Miguel de Paradela, no que se vai facer unha Ofrenda floral aos músicos históricos, centrándoo na tumba de Cándido López López, emigrante en Suiza, protagonista do rexurdir da Banda de Paradela.
Rezará un responso o P. Xesús Mato, fillo predilecto de Paradela, efectuará a Ofrenda o Alcalde, José Manuel Mato, e poñerá música no acto a Banda de Paradela, dirixida por Martín Vázquez.

Ás 12,00, dará comezo o Encontro de Bandas. A Banda de Paradela interpretará unha composición diante do monumento aos Cabaleiros de Santiago, para recibir á Banda “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro-Friol, dirixida por Armando Morales. Coa Banda de Paradela vai actuar Julio Varela Rodríguez, o músico en activo máis veterano de Paradela. Intérprete de platillos e bombo, Julio Varela, do Mesón do Loio, ten 90 anos de idade.

Xa no lugar do concerto, actuará en priomeiro lugar a Banda de Paradela. A continuación, Manuel Meilán, saxo da Banda municipal de Lugo, lembrará a Lino de la Torre, histórico director da Banda de Paradela, co que traballou. E seguidamente, actuará a Banda Sons e Soños. Antes de rematar o acto, o Alcalde de Paradela entregará aos directores das agrupacións participantes cadanseu agasallo do Bicentenario, a Julio Varela unha lembranxa desta homenaxe musical, e agradecerá a participación das dúas Bandas neste acto.
Finalmente, as dúas bandas, conxuntamente, interpretarán o HIMNO GALEGO.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo