A Xunta mellorará tres estradas na Fonsagrada con 1,8 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe na plataforma pública de Contratos de Galicia obras de mellora na rede viaria do concello da Fonsagrada que contan cun orzamento que superará os 1,8 millóns de euros (1.845.446 euros).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 10 de xuño para presentar as súas ofertas. O prazo máximo de execución das obras será de seis meses.

A actuación consistirá no reforzo de firme localizado e reposición da sinalización horizontal nas estradas LU-701 e LU-703 e un reforzo do firme, mellora da drenaxe e defensas, reposición de marcas viais e mellora da sinalización vertical na estrada LU-740.

A intervención máis ambiciosa será a reforma integral da LU-740, que une o núcleo da Fonsagrada con Vilardíaz; destínanse 1,3 millóns de euros á extensión dunha nova capa de rodadura con mezcla asfáltica en quente en toda a lonxitude da estrada (17,6 quilómetros).

A Axencia Galega de Infraestruturas -dependente da Consellería de Infraestruturas- realizará tamén actuacións de rehabilitación do firme nas estradas que conectan con Asturias. A LU-701 comeza na capitalidade da Fonsagrada e ten unha extensión de 12,2 quilómetros, mentres que a LU-703 mide 8,7 quilómetros e parte de Barbeitos. Nestas estradas vanse realizar fresados localizados nos treitos máis deteriorados, con posterior reposición do pavimento con mestura bituminosa en todo o ancho do carril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo