" />

A Xunta organiza maña unha xornada de portas abertas no novo Auditorio

A Xunta de Galicia celebrará mañá unha xornada de portas abertas no Centro Cultural-Auditorio de Lugo co fin de dar a coñecer entre
a cidadanía o resultado desta actuación, unha vez rematadas as obras e pechados os últimos detalles pendentes para proceder á súa recepción por parte do Concello.
As visitas poderán facerse de 11 da mañá a 7 da tarde, en horario ininterrompido e de forma gratuíta, e habilitarase un servizo de azafatas e de seguridade para asesorar e informar a todas as persoas que se acheguen ata o Auditorio das zonas que quedan acoutadas para a visita e cales se poden percorrer con liberdade.
Cómpre lembrar que a obra construtiva do Auditorio de Lugo rematou no ano 2016, e a dotación do equipamento escénico necesario para garantir o seu funcionamento quedou completamente instalada durante o primeiro semestre de 2019. En decembro de 2017
realizouse unha primeira xornada de portas abertas pero esta é a primeira ocasión na que o edificio estará a disposición dos cidadáns desde que se acometeu a súa dotación interior.
O investimento mobilizado en construír e equipar o edificio así como as dimensións do propio complexo convérteno na actuación máis importante das acometidas ao abeiro do Plan Hurbe desde a súa posta en marcha no ano 2010 e na infraestrutura cultural máis ambiciosa e de maior envergadura da cidade de Lugo e do resto da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo