" />

A Xunta pon en marcha as brigadas helitransportadas de Portomarín e Monforte

A Consellería do Medio Rural puxo en marcha as brigadas helitransportadas con base en Portomarín e Marroxo, en Monforte de Lemos, para reforzar o operativo de prevención e defensa contra os incendios forestais na precampaña de primavera.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a base de Portomarín, que conta con oito traballadores, e explicou que a Consellería do Medio Rural intensifica as medidas de loita contra o lume axustando os medios ás necesidades estimadas en cada momento.

Así, dende principios do mes de marzo tamén están activas 16 novas brigadas, que veñen a sumarse ás 23 que están operativas durante todo o ano na provincia. Igualmente, nas vindeiras semanas entrará en servizo a base do helicóptero de Becerreá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo