" />

A Xunta presentou vía telemática o Plan de Reactivación do sector turístico

A Xunta de Galicia presentou hoxe nunha xornada vía web o Plan de Reactivación do sector turístico fronte ao coronavirus, que contempla medidas transversais orientadas a xerar confianza nos consumidores, recuperar a actividade e afianzar o emprego.

O plan prevé un orzamento de 27 millóns de euros, deles 10,2 millóns de investimento cultural, 11 millóns para o turismo e 5,6 millóns para o Xacobeo, distribuídos en medio cento de iniciativas, das que unha trintena son específicas para o turismo.

A xornada foi seguida por máis de 200 profesionais e contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director do Igape, Juan Cividanes, acompañados polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,  indicou que un dos principais obxectivos é facer de Lugo en particular, e de toda Galicia en xeral, un destino seguro que xere confianza entre os futuros turistas e dea garantías tamén aos residentes. Por iso, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas turísticas, fomentarase a formación ao sector e se promoverá o turismo interno e de proximidade.

O plan prevé, ademais, que o Xacobeo 2021 funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística, algo especialmente importante para a provincia de Lugo, con fonda pegada xacobea. A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo