" />

A Xunta realizará actuacións de limpeza e conservación do Castro de Santa María de Cervantes

A Xunta realizará novas actuacións de limpeza, conservación e consolidación no Castro de Santa María de Cervantes.
En concreto, detallou que estes traballos permitirán a restauración da área escavada coafinalidade de favorecer a súa visita e posta en valor. Entre as actuacións que se acometerán destacan os traballos de limpeza e roza do conxunto e do xacemento arqueolóxico, así como
tarefas de conservación e consolidación de muros, pavimentos e outras estruturas nunha superficie aproximada de 700 metros cadrados. Do mesmo xeito, instalarase un panel informativo das características do xacemento, realizaranse accións de difusión dirixidas tanto
á veciñanza da zona como á comunidade científica e interesada no patrimonio cultural galego.

A responsable de Patrimonio Cultural do Goberno galego explicou que, xunto con esta actuación, o seu departamento traballa noutras actuacións futuras na zona entre as que destaca a realización de novas escavacións arqueolóxicas que permitan afondar no coñecemento científico do xacemento e aumentar a área de visita.
Poboado dos séculos I e II
O castro de Santa María de Cervantes, declarado Ben de Interese Cultural en outubro do2019, é un poboado castrexo romanizado de funcionalidade fundamentalmente mineira, datado nos séculos I e II da nosa era. O conxunto está integrado, ademais, por unha igrexa,
unha necrópole medieval que se remonta cando menos ao século XIV e por importantes restos de explotacións mineiras auríferas de época romana na súa contorna inmediata.
Precisamente, de cara á súa declaración como BIC, a Xunta promoveu na zona traballos de prospección arqueolóxica e documentación para a súa delimitación que acreditan os valores culturais sobranceiros da zona arqueolóxica do Castro de Cervantes, en especial o seu valor no proceso de transición das culturas prerromanas ao mundo romano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo