Ribeira Sacra Viñedos

A Xunta rehabilitará unha quincena de bens patrimoniais da Ribeira Sacra

2021.- A Xunta de Galicia está a destinar 3 millóns de euros para poñer en valor bens patrimoniais dos concellos de Lugo incluídos na pasaixe cultural da Ribeira Sacra. Así o expuxo hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita as obras da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nas que o Goberno galego está invistindo máis de 300.000€.

O titular de Cultura, que estivo acompañado polo alcalde, Juan Carlos Armesto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a importancia do investimento para a Ribera Sacra comprometido neste exercicio, o ano da súa posible declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Trátase dun esforzo orzamentario que, tal e como indicou, reflíctese nun incremento do 19% nos fondos dedicados a conservación de bens patrimoniais. “O patrimonio cultural simboliza o noso pasado e debemos impulsar a súa recuperación para non esquecer de onde vimos e encarar o noso futuro”, afirmou.

Neste sentido, salientou que a Ribeira Sacra representa “o mellor do noso patrimonio cultural e artístico, polo que é importante que continuemos traballando na súa conservación para que siga sendo un legado vivo e unha fonte de orgullo para todos os galegos”. No caso concreto da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, a intervención impulsada pola Xunta de Galicia, e confinanciada con fondos FEDER, está permitindo mellorar as condicións de conservación e mantemento deste monumento recoñecido como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento desde 1931.

Así, o proxecto en marcha céntrase nas condicións de conservación e mantemento dos paramentos exteriores da fábrica, reparando gretas e fisuras, así como na mellora das condicións de ventilación da igrexa e elementos escultóricos do exterior do templo.

Concretamente, os técnicos están restaurando a cuberta da nave e ábsida substituindo as tellas de cerámica, a estrutura de madeira e as fiestras existentes por outras que permitan a ventilación continua. Así mesmo, restáuranse os elementos deteriorados das portas principais e laterais da igrexa e redáctanse os proxectos de restauración dos elementos escultóricos da portada, ocos románicos e cornixas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com