A Xunta resolve as distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015

A Presidencia da Xunta de Galicia vén de conceder no día de hoxe as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015 a 29 persoas e 3 institucións entre as que se atopan o equipo feminino de baloncesto Medina S.F., o club Atletismo Comesaña e o Colexio Martínez Otero, nunha resolución que será publicada en próximas datas no diario oficial de Galicia.

O xurado cualificador que concedeu os galardóns estivo conformado por representantes do tecido deportivo, dos medios de comunicación e da secretaría xeral para o Deporte.

Creadas no 2010, as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia son concedidas de forma anual en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo a persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que teñen contribuído ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da Comunidade Autónoma.

O acto de entrega das Distincións 2015 estará presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun acto solemne que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro xoves día 9 de xullo, e que contará coa asistencia dos galardoados, os seus familiares e achegados, e representantes do mundo do deporte galego.

Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015:

– Pablo Beiro Diz, a título póstumo

– Jorge Benito Chao López, a título póstumo

– Óscar Burrieza López

– Óscar Cacheiro Rocha

– Rafael Cid Navarro

– Colexio Martínez Otero

– Comesaña Sporting Club

– Juan Carlos Costas Rosés

– Gerardo Dios Vidal

– Lee Dong Kyu

– Benigno Fernández Alonso

– Mª Teresa Franco Martínez

– Manuel García Valiñas

– Rosa Mª Gómez Llamas

– Victorino González Enríquez

– Simón González Salgado

– Fco. Javier González Vázquez, a título póstumo

– Medina S.F.

– Emilia Mesa Soriano

– Ángeles Moinelo Allegue

– Manuel Montero Vidal

– Roberto Naveira Figueiras

– Manuel Pazos González

– Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio

– Javier Pazos Sánchez-Rubio

– Pedro Miguel Piñeiro Lago

– José Luis Sala García

– Alfredo Sánchez Carro

– Raimundo Sendino Ortega

– Manuel Valcárcel Lastra

– David Vidal Gómez

– Ángel Villar Varela

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com