A zona de lecer da Praza de Abastos continuará aberta até o Nadal

A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que tras a alta demanda da zona de lecer da Praza de Abastos durante o verán, desde o Concello se continuará a ofrecer esta instalación durante as mañás dos sábados “e así contribuír a dinamizar o centro e aumentar os servizos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos”.

Durante o programa de verán, a zona de lecer foi utilizada de media por 5 nenas e nenos cada día, abrindo de luns a sábado. A partir do 28 de setembro, poderase utilizar durante os sábados até final de ano. Segundo Cristina López, “a partires dese momento, segundo a demanda, valorarase que a instalación siga aberta”. As inscricións continuarán a realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores, e terá unha limitación de 12 persoas. O horario continuará a ser, coma nestes meses, de 10:30 a 13:30

“Moitas nenas e nenos poderían desfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”, indicou Cristina López, e engadiu, “os sábados son días nos que hai actividade económica e permitirase a mellor conciliación da vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar ás crianzas durante a xornada laboral”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo