ABANCA, Afundación e Becerreá asinan un convenio de colaboración cultural

ABANCA, a súa obra social, Afundación e o Concello de Becerreá asinarán o vindeiro luns 17 de xuño, ás 10.00 h na Casa Consistorial, un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades desenvolverán a  exposición Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX. Asistirán á sinatura o alcalde do Concello de Becerreá, Manuel Martínez Núñez; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez; e a coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano.

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar do 23 de xullo ao 21 de agosto na Sala de exposicións da Casa da Cultura de Becerreá (Rúa Eulogio Rosán, s/n), de luns a domingo en horario de 17.00 a 21.00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo