" />

ABANCA, Afundación e o Concello de Sarria asinan un convenio de colaboración cultural

O Concello de Sarria vén de asinar esta mañá un convenio con ABANCAAfundación grazas ao cal acollerá a mostra fotográfica Auga. O sangue da terra, de Manuel Valcárcel. Esta colaboración é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. Ademais, a Área Educativa de Afundación deseñou diversas didácticas para os proxectos expositivos incluídos no programa Corrente Cultural, adaptadas ás idades dos escolares, desde primeiro de Infantil ata Bacharelato e Ciclos formativos.

A alcaldesa, María del Pilar López; o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto; e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, foron as persoas encargadas de ratificar, mediante rúbrica, a colaboración das entidades. Auga. O sangue da terra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar do 8 ao 28 de outubro na Sala de exposicións da Casa da Cultura de Sarria, de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo