ABANCA e as empresarias de Lugo traballan no impulso de novos proxectos empresariais

ABANCA e a Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo inician a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito das autónomas ou das súas pemes na provincia.

A presidenta das empresarias lucenses, Beatriz Varela, e o coordinador de Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez, rubricaron hoxe un acordo na sede da asociación que reafirma a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o financiamento, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e  hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Así mesmo, para facilitar a competitividade das asociadas, as clientas terán á súa disposición o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APRAZOS. Grazas a este servizo pódense financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica. O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha
cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Desde as oficinas de ABANCA facilitarase ademáis a información relativa ás opcións de financiamento do Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Lugo que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomas da provincia.

Do mesmo xeito, as empresarias pertencentes a esta asociación poderán gozar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. Así como beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com