Aberto ata o 11 de xuño a convocatoria de axudas para programas de inclusión social

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, reuníronse hoxe por videoconferencia con entidades sociais da provincia luguesa para trasladarlles que ata o día 11 de xuño poden solicitar as axudas convocadas pola Administración galega para financiar actividades de inclusión social.

No encontro estiveron presentes Cáritas Lugo, Cruz Roja, Fundación Juan Soñador, Asociación Promoción e Integración Gitana e Aliad-Ultreia. Na reunión informóuselles da nova orde de axudas que vén de publicar esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG), dotada con 18,3 millóns de euros para financiar actividades nos vindeiros dous anos dirixidas ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión. Ambos representantes autonómicos destacaron que se trata da maior convocatoria de subvencións para inclusión social da historia, que aumenta nun 22% o orzamento con respecto á anterior, a de 2018-2020. Trátase da sétima vez consecutiva que se aumenta o crédito desta liña de subvencións, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As entidades sociais que resulten beneficiarias destas axudas poderán destinalas a cubrir gastos de funcionamento dos centros de inclusión e emerxencia social, así como actuacións singulares que complementen os servizos sociais básicos. Estas achegas tamén se poden destinar ao financiamento de servizos de formación adaptada; intervencións en zonas de exclusión e apoio á inclusión sociolaboral; actuacións de inclusión da poboación inmigrante e investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com