Aberto o prazo de inscrición para participar nun novo curso de capacitación no sector do transporte

Aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Capacitación do Sector do Transporte, posto en marcha polo Executivo Provincial e a Asociación Empresarial Transportes Río Miño de Lugo (AETRAM). A través desta iniciativa, que conta con 15 prazas, desempregados lucenses recibirán a formación necesaria, de xeito gratuíto, para capacitarse como condutores profesionais no sector do transporte.

 Os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 30 de xullo a través da axencia de colocación e deberán contar cos seguintes requisitos: ser maiores de 21 anos; estar en situación de desemprego e contar co permiso de conducir B.

 O curso de capacitación para a formación integral de condutores profesionais, comezará o vindeiro mes de setembro e contará con 430 horas de formación. Os participantes recibirán a formación teórica e práctica necesaria para acadar os seguintes permisos: CAP; Permiso C; Permiso E; e Mercadorías Perigosas.

 Para máis información e inscricións os interesados poden consultar o seguinte enlace: https://deputacionlugo.portalemp.com/

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo