" />

Aberto o prazo de matrícula nas 20 Escolas Infantís públicas autonómicas da provincia

Consellería de Política Social mantén aberto ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas 20 escolas infantís públicas autonómicas da provincia de Lugo, que poñen á disposición das familias 1.121 prazas.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta presta este servizo a través da Axencia Galega de Servizos Sociais e da rede Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Durante unha visita á escola de Paradai de Lugo, destacou que estes centros compleméntanse con outros recursos de conciliación, como as casas niño, cada vez máis demandadas nas zonas rurais. Na provincia de Lugo funcionan actualmente 19.

En canto á distribución das prazas das escolas infantís por concellos, ofértanse 310 en Lugo, 161 en Burela, 114 en Foz, 99 en Ribadeo, 74 en Vilalba, 61 en Mondoñedo e Chantada, 41 en Viveiro e O Valadouro, 39 en Meira, e 20 en Alfoz, A Fonsagrada, Antas de Ulla, Pantón, Quiroga e Taboada.

Arias apuntou que o vindeiro curso será o segundo completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís da Xunta e tamén nas privadas, municipais e de iniciativa social.

Tamén salientou o esforzo realizado nos últimos meses polos profesionais deste nivel educativo para lograr que o curso se desenvolva con normalidade e con todas as garantías de seguridade. Destacou ademais o bo cumprimento das recomendacións sanitarias por parte das familias e dos nenos e nenas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo