" />

Aberto o prazo de matrícula para as Escolas Deportivas 2015-2016

O Concello de Lugo abriu este martes o prazo para matricularse nas diferentes Escolas Deportivas que oferta a entidade local en colaboración cos distintos clubs da cidade.

Dende hoxe e ata cubrir as prazas, todos os interesados en practicar baloncesto, balonmán, béisbol, boxeo, ciclismo, natación sincronizada, tiro olímpico, esgrima, espada, sable, florete, loita, patinaxe, patinaxe artístico, hóckey e hóckey en liña poden matricularse nestas actividades, que se desenvolverán dende o vindeiro mes de outubro ata maio de 2016.

Haberá escolas de matrícula gratuíta, como a de balonmán, béisbol ou boxeo e escolas que requirirán un pago de matrícula, como natación sincronizada. As mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas pero pódense atopar actividades entre a gratuidade como o boxeo e o tiro olímpico por exemplo, ata os 21 euros de custe de matrícula para practicar esgrima, espada, sable e florete.

As diferentes modalidades estarán impartidas por clubs deportivos nun total de 7 instalacións deportivas diferentes, o polideportivo da piscina municipal de Frigsa, polideportivo municipal Casa do Deporte, campo municipal Germán López Vila, polideportivo municipal de O Palomar, piscina municipal de As Pedreiras, pavillón municipal dos deportes e polideportivo municipal Daniel Cordido. O Pazo de Feiras e Congresos así como o Pazo Provincial dos Deportes e diferentes colexios da cidade tamén acollerán algunhas destas actividades deportivas.

Máis información na páxina web www.lugo.gal ou no teléfono de información de atención cidadá 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo