" />

Abre no barrio da Piringalla o centro social Paco Martín

Pequenos, maiores e xóvenes participaron moi activamente nas primeiras actividades que se desenvolveron no novo centro social da Piringalla, o primeiro da cidade que se centra en incentivar a convivencia interxeracional e que leva o nome do lucense Paco Martín, un dos escritores en lingua galega máis recoñecidos.

A Alcaldesa de Lugo estivo acompañada do propio Paco Martín, ao que lle quixo homenaxear coa inscrición na placa instalada no acceso ao centro dunha frase do seu libro Das obras de Ramón Lamote, a primeira obra en galego que acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.  “Queremos Paco que sexa a túa traxectoria e o teu legado o que lle dea a benvida aos usuarios cada vez que entren neste novo centro”, sostivo.

Nesta xornada de apertura os máis cativos poideron escoitar os contos que lles trasladou Manuel Buján ou aprender sobre cestería e os labores de cardado de lá coa asociación Corazón Artesáns. Así mesmo, estiveron membros da Xaquedrum de todas as idades xogando ao xadrez, organizáronse obradoiros e o DJ. Manu Chady animou a tarde e a merenda saudable.

Entre as áreas que se crearon destaca unha bebeteca e unha zona de lactación, a primeira que se crea nun edificio público municipal. Ademais, existe unha sala de lectura e espazos multifunción para descansar, xogar e compartir experiencias.

Horario de apertura do Centro Social Paco Martín, vixente a partir dende a súa apertura:

De luns a venres: 11.00-13.00 16.30-20.00

Sábados: 12.00-14.00 16.30-20.00

Domingos: 16.30-20.00

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo