Ace-Eu afea que o gasto en iluminación de Nadal supere a metade anual dedicada a Emerxencia Social

O grupo municipal ACE-EU considera “obsceno” que o goberno local aumente o gasto en luces de Nadal ata superar a metade de orzamento anual adicado a emerxencia social (270.000 €). “É inxustificable que no mesmo ano que se reduce a partida de emerxencia social á metade se triplique o gasto en iluminación navideña”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. “Non podemos esquecer que segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, máis do 40% dos fogares lucenses teñen dificultades para chegar a fin de mes (un total de 16.056 fogares) e que o 15,37% de habitantes do municipio se atopan en risco de pobreza e exclusión social”, salientou o concelleiro.   

ACE-EU cre que sería máis útil adicar a partida de ornamentación para Nadal a abrir os comedores escolares durante o mesmo período non lectivo, e manter as actividades extraescolares, para non interromper un servizo esencial de conciliación familiar e ademáis imprescindible para as familias con menos recursos. 

Segundo os mesmos datos do IGE, 2.000 nenos e nenas da nosa cidade teñen carencias nutricionais derivadas da difícil situación económica da súa familia. Esta problemática agudízase nos períodos vacacionais, cando o peche das escolas incrementa o número de comensais nos fogares e impide na práctica o acceso a unha alimentación suficiente e equilibrada a moitas rapazas e rapaces, por iso ACE-EU cre que se deberían comezar a abrir canto antes os comedores escolares durante os períodos non lectivos, tal como obriga un acordo plenario acadado en xuño de 2017 a iniciativa deste grupo municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com