8 de marzo 8 de marzo

ACE-EU programa unha charla-coloquio con Marta Lois e O BNG achégase ás mulleres do rural para conmemorar o 8 de marzo

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida, contará este mércores día 9 coa presenza da concelleira de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, Marta Lois, para a charla-coloquio organizada con motivo do Día da Muller, baixo o título “Que facer nos municipios para garantir a igualdade de xénero”. O encontro coa responsable de igualdade de Compostela Aberta terá lugar ás 17:00 h na Galería Sargadelos.  Coa escusa da austeridade e da crise económica, estamos a asistir a un notable retroceso nas políticas públicas para loitar contra a discriminación da muller, que están a sufrir recortes ano tras ano.

O punto de partida foi a eliminación do Ministerio de Igualdade, que puxo de manifesto a falta de compromiso real nas institucións coa igualdade de facto entre homes e mulleres, mandando unha clara mensaxe á cidadanía de que este asunto non é prioritario na axenda pública”, explica Isabel Sánchez, membro da Área de Muller de Esquerda Unida Lugo.

É certo que a Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local pon moitas trabas ao traballo cotiá dende os Concellos, pero iso non poder servir como coartada para non actuar ante as claras carencias en igualdade a nivel estatal. Como institución máis próxima á cidadanía, é unha obriga dos concellos buscar mecanismos para atallar as causas que xeran a desigualdade entre homes e mulleres. Contribuír a esa tarefa é o obxectivo desta charla-coloquio coa concelleira de Igualdade de Santiago de Compostela.

Marta Lois é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da USC e unha destacada investigadora no ámbito das políticas públicas de igualdade, nomeadamente no ámbito local.

BNG-AA

Para o BNG a vangarda do feminismo tamén está no rural” soamente 13 explotacións teñen en Galiza a condición de titularidade compartida
A situación real da muller no eido agrario reflíctese  en que soamente 13 explotacións lácteas das 35.000 existentes teñen en Galiza a condición de titularidade compartida.

Para dar visibilidade ás mulleres do rural, concelleiras do BNG – Asembleas Abertas da comarca de Lugo visitaron, con motivo do 8 de marzo, unha explotación do concello de A Pastoriza para denunciar a discriminación que sofren as mulleres, moi en particular no laboral, e coa lacra da violencia machista sen unha resposta comprometida e eficaz por parte dos poderes públicos.

As edís nacionalistas apuntaron que os gobernos do PP foron “absolutamente corrosivos” en materia de igualdade e o feminismo segue a estar máis vixente ca nunca”.

Nestes últimos anos asistimos a un incremento da precariedade laboral, máis desemprego, feminización da pobreza, son algunhas das consecuencias da discriminación que soportan as mulleres, que afecta particularmente ás mozasElva Carrera voceira do BNG e Tenente de Alcalde da Pastoriza


Referiuse tamén á situación laboral explicando que “ só no último ano se perderan 4.600 empregos entre mulleres de 25 a 35 anos, dato que se complementa con altas taxas de temporalidade e salarios baixos“. Salientou.

O Bloque vai levar ao Parlamento Galego unha proposta dun plan de igualdade no traballo “que analice e que penalice a fenda salarial, que cree emprego de calidade para as mulleres galegas, e con medidas reais de conciliación máis aló dos cheques benvida de Feijóo en ano electoral”. Emprego e conciliación, son clave para acabar coa discriminación laboral, concluíu a deputada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com