Ace-Eu denuncia posibles incumprimentos da Lei de Transparencia no Concello

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida advirte un permanente bloqueo no acceso da oposición á documentación referente aos futuros proxectos municipais, como os da Estratexia EDUSI ou a peonalización da cuberta da Rúa Quiroga Ballesteros. ACE-EU cre que se está a incumprir a Lei de Transparencia, pois os proxectos urbanísticos deben ser públicos non só para todos os grupos políticos das corporacións, senón para toda a cidadanía, e como tal deberían ser publicados ao completo no Portal de Transparencia, tal como se fai noutros concellos, como o de Santiago de Compostela.

Debe permitirse que calquera cidadán e a sociedade civil poida acceder aos proxectos para fiscalizar o seu impacto ambiental, saber en qué afectará á fisonomía do municipio ou á súa vida cotiá.

 “Levamos desde decembro solicitando a copia dixital do proxecto para Quiroga Ballesteros, con varias solicitudes pedidas por escrito, e todavía non se nos facilitaron aínda que a propia alcaldesa a prometeu en distintas ocasións aos grupos en Xunta de Voceiros”, explica Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. “Non entendemos o secretismo do goberno, se tan orgullosos se sinten destes proxectos, non debería haber motivación para non facilitar o acceso universal, e máis cando a lexislación así o esixe”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo