" />

ACE-EU pide que se inste á Deputación a acondicionar as pistas do Pazo de Deportes

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida vén de rexistrar un rogo na Comisión de Insfraestruturas e Deportes para que se inste á Deputación de Lugo a acondicionar as pistas abertas de baloncesto que se atopan xunto ao edificio anexo ao Pazo Provincial dos Deportes. As catro canchas atópanse nun estado “moi mellorable en xeral”, pero en concreto urxe renovar as canastas porque ademáis de atoparse a maioría sen aros, o deterioro dalgunhas delas supón un perigo para a integridade dos seus usuarios.

“Son moitas as peticións de nais e pais para que se reparen as deficiencias destas canchas, utilizadas con frecuencia polos usuarios das piscinas e as pistas de atletismo cercanas, así como os estudiantes do Campus universitario e mesmo os rapaces e rapazas que entrenan nas distintas categorías do clube de baloncesto. Non abundan as pistas públicas para xogar ao baloncesto na cidade, e coa afición que hai a este deporte o mínimo é dedicar a atención más básica ao mantemento das que hai”, explica Carlos Portomeñe, voceiro ACEEU. A xuízo de ACEEU, cunha pequena inversión en pezas de material resistente pode conseguirse que as canastas se manteñan durante moito tempo en perfecto estado e nas condicións óptimas para a práctica deste deporte sen incidencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo