" />

ACE-EU pide unha declaración institucional para recoñecer a figura de Darío Rivas

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida proporá unha declaración institucional e que se garde un minuto de silencio no vindeiro Pleno do Concello de Lugo para recoñecer a figura de Darío Rivas, lucense impulsor da querela arxentina contra o franquismo, que acaba de falecer con case cen anos de idade. Este home nado en Castro de Rei en 1920, era fillo do alcalde republicano de Castro de Rei asasinado polos franquistas ao pouco de comezada a Guerra Civil, Severino Rivas. Foi o primeiro asinante do proceso xudicial aberto en Bos Aires contra os crimes da dictadura franquista. En 2005 logrou exhumar os restos do seu pai para enterralos no panteón familiar coa axuda da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

Aínda que conseguiu dar un enterro digno ao seu pai, Rivas non se conformou con iso e seguiu traballando pola xustiza e reparación para todas as persoas represaliadas polo franquismo e os seus familiares. En 2010 deu o seu apoio á querela arxentina para pedir que se procurasen os datos persoais dos membros dos gobernos existentes entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, así como dos mandos militares e forzas e corpos de Seguridade, e da Falange no mesmo período.

Consideraba a demanda que os seus delitos son imprescritibles baixo o criterio de xustiza universal e a pesar da lei de Amnistía de 1977. “Pola súa xenerosidade e loita incansable pola recuperación da memoria histórica, así como polo papel fundamental que xogou para que a xustiza puidese comeza a investigar os crimes de lesa humanidade do franquismo”, o grupo municipal ACE-EU considera “imprescindible” que o Concello de Lugo recoñeza como se merece a este lucense de relevancia mundial.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo