" />

ACE-EU propón o cambio da vidrieira co escudo franquista no I.E.S. Lucus Augusti por outra de Díaz Pardo, por vulnerar a “Lei de Memoria Histórica”

O Deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento Galego, Ramón Vázquez, e o voceiro do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, presentaron esta mañá en rolda a prensa a proposta de retirada dos símbolos franquistas que permanecen a día de hoxe no I.E.S. Lucus Augusti, que xunto a outros que seguen sen ser eliminados doutros edificios públicos da cidade de Lugo, vulneran a coñecida como “Lei de Memoria Histórica”, en vigor dende hai case unha década. Segundo os representantes de ACE “evidencian o mínimo interese amosado por PP e PSOE en cumprir cunha normativa xa de por si escasa e timorata e súa carencia de conviccións democráticas, ao conservar os emblemas da ditadura e a represión franquista 38 años despois de aprobada a actual Constitución”.

Precisamente, o grupo parlamentar de AGE vén de rexistrar unha proposición para que a Xunta de Galicia proceda dunha vez por todas a liberar este centro de ensino público de referencia en toda a provincia de Lugo, coñecido ata 1985 como Instituto Masculino. “Da vergoña de ser presidido dende a entrada ao edificio por dous chamativos símbolos fascistas: un escudo de pedra situado na fachada, xusto enriba da porta principal, e outro no vestíbulo, formando parte dunha vidriera de grandes dimensións”, declararon.

Cada ano estudan neste centro público centos de rapaces e rapazas recibindo unha formación que, ademais de contidos e saberes científicos, “debe incluír valores e actitudes propios dunha sociedade democrática, o que resulta absolutamente contraditorio coa presenza de símbolos fascistas”. O incumprimento e a falla de respecto polas normas das que se dota a sociedade como a Lei de Memoria Histórica, así como o mantemento de emblemas antidemocráticos, son feitos incompatibles cunha práctica educativa minimamente exemplarizante”, salientou o deputado de AGE.

A retirada do escudo daría a oportunidade de homenaxear a figura de Isaac Díaz Pardo, que foi nomeado en 2012 fillo adoptivo da provincia a iniciativa da Deputación.  “A mencionada cristaleira, situada no vestíbulo do centro educativo, está composta por 169 pezas cuadriculares de cristal, das que o escudo fascista ocupa unicamente doce. Polo tanto, o cumprimento da Lei tan só require retirar unha ducia de cristais para substituílas por outras novas.

Os representantes de ACE-EU declararon estar dispostos a facer unha colecta popular para sufragar os gastos da obra, no caso de non se impliquen as institucións .

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo