" />

ACE propón a creación dun centro asistencias para persoas autistas e subvención das terapias

Alternativa Cidadá de Esquerdas reuniuse coa Asociación Raiolas Lugo, formada por pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos do espectro autista, para coñecer as súas necesidades.

Unha das súas principais demandas é a posta en marcha dun centro de día asistencial no que atender aos 60 usuarios que teñen na actualidade, pois o centro deste tipo máis próximo atópase en A Coruña. ACE contemplará a posibilidade da súa posta en marcha, para que os nenos e nenas afectadas polo autismo teñan un lugar acondicionado no cal recibir as terapias que necesitan, así como realizar actividades deportivas e de ocio á medida dos seus especiais requerimentos.

A día de hoxe, a Asociación Raiolas conta con algunhas salas cedidas polo Concello para que os seus terapeutas poidan traballar cos rapaces, pero en lugares afastados entre sí (unha está en FRIGSA e a outra en Lamas de Prado), e son de moi pequeno tamaño.

ACE tamén contemplará a reserva dunha porcentaxe de postos de traballo municipais axeitados para as persoas afectadas por este tipo de trastornos psíquicos, así como a implementación dunha axuda económica para as familias sen recursos que non poidan pagar a terapia necesaria para os seus fillos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo