" />

Achádego Teatro cumpre 39 anos cunha gala benéfica polos damnificados polos lumes

Unha sátira sobre as tertulias radiofónicas será o tema que elixe este ano Achádego Teatro para a súa gala solidaria. O prezo da entrada son 5 euros e irá íntegramente destinado a un fin solidario. Achádego Teatro celebra o seu 39 cumpreanos realizando unha gala benéfica o vindeiro día 2 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, en favor dos damnificados pola vaga de lumes rexistrada o pasado outubro na provincia.

Na gala, que dará comezo ás 19.30 horas, a compañía lucense representará Opino de qué unha comedia satírica sobre as catro tertulias de radio que terán lugar na emisora ficticia Lucus Radio, que dedica o seu tempo a debatir temas de actualidade municipal como a zona a 30, a Praia Fluvial ou si se debe desprazar de lugar a Muralla.

O texto está escrito por Lourdes Abuide e Anxo Manoel Lamelo, a dirección é de Antón Sampaio. O ingrediente principal da obra é o humor dado que a compañía busca que “o público ría e disfrute cunhas persoaxes disparatadas que poden estar de igual xeito lonxe ou preto da realidade”. Achádego participa en todas as accións sociais e solidarias e este ano “queremos donar todo o recaudado as familias que sufriron os incendios na provincia de Lugo”. As entradas pódense mercar aos compoñentes do grupo ou no propio auditorio dende unha hora antes da función.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo