" />

Acordo entre Fundación CEL e Abanca para facilitar financiamento a emprendedores de Lugo

A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo e Abanca subscribiron hoxe nun acto na Fundación CEL un convenio de colaboración para fomentar o autoemprego e apoiar ao emprendedor da provincia de Lugo. Walter Álvarez, director territorial de Abanca e Luis García Santalla, presidente da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, foron os encargados de asinar o acordo.

Este novo convenio entre ABANCA e Fundación CEL facilita que os emprendedores accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento rubricado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade, como Crediventa ou Compras especiais, que permite un financiamento flexible con calquera tarxeta de crédito, para dinamizar a actividade mercantil e facilitar o crédito aos clientes dos asociados.

Os profesionais pertencentes a Fundación CEL tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV). Os emprendedores tamén poderán acceder ao financiamento do Plan Activamos, asinado coa Deputación de Lugo, e que permite atender necesidades de investimento cunhas condicións económicas moi competitivas.

Segundo os asinantes, este plan contribuirá ao desenvolvemento económico e social de Galicia e conta con cinco modalidades: préstamo emprendedores, préstamo novos investimentos, préstamo para a mellora da eficiencia enerxética, póliza de crédito para creación de emprego e póliza de crédito avante para circulante.

Como novidade, este convenio inclúe a adhesión ao Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite a autónomos e micro pemes gozar da exención das comisións da conta, tarxetas e servizos máis usuais a cambio dunha mínima vinculación coa entidade.

Luis García Santalla destacou no acto de firma que este acordo acredita “que Abanca na súa nova etapa mantén o compromiso con Lugo e os seus emprendedores”, resaltando que “o emprendemento non é posible sen investimento, e durante os anos de crise as dificultades de acceso ao crédito foron un dos principais lastres da nosa economía e unha das principais pedras no camiño dos emprendedores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo