Activada a alerta laranxa por ondas de ata 7 metros na Mariña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno meteorolóxico adverso que afectará ás zonas costeiras do noroeste da Coruña e en toda a costa de Lugo.

A partir das 18:00h do 22 de outubro agárdanse ventos de forza 8, que poderán acadar forza 9 mar adentro, e mar combinada con ondas de entre cinco e sete metros de altura, o que se corresponde cun aviso de nivel laranxa.

Ante esta situación, é importante manter activas as medidas de autoprotección e extremar a precaución no litoral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com