Activado o operativo invernal ante a previsión de nevadas desde os 600 metros nas vindeiras horas

A Deputación de Lugo activou o seu operativo invernal ante a previsión de nevadas desde o 600 metros e de xeadas intensas a partir desta tarde especialmente no interior da provincia.

O dispositivo, que se despregará desde ás 17.00 horas, está formado, de partida, por 16 máquinas quitanieves, 8 pick ups con coitela, 8 vehículos todo terreo de apoio e 48 operarios, que traballarán para garantir a seguridade e a circulación nas estradas provinciais ao longo das vindeiras horas.

A institución conta  tamén con 12 silos de sal repartidos polo territorio (Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil) e traballa de xeito coordinado coas 8 empresas dedicadas á conservación e mantemento da rede viaria provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com