ADEGA fará un debate público sobre o traslado da estación de autobuses

ADEGA Lugo vén de organizar un debate público sobre o traslado da estación de autobuses do centro da cidade, á nova localización na prevista intermodal.

Este debate, que pretende dar a coñecer a problemática deste traslado dende diferentes perspectivas, divídese en dúas xornadas, dúas mesas redondas nas que participará a veciñanza, empresarios, ex cargos de RENFE, técnicos do COAG e Universidade, así como integrantes de ADEGA e do CS Mádia Leva.

Este xoves, 14 de novembro, a partir das 19.30h no salón de actos do IES Lucus Augusti, terá lugar a primeira xornada, na que participarán, Adela Figueroa Panisse, en representación de ADEGA, Jorge Somoza Lázare do Consello de administración da Confederación de empresarios de Lugo (CEL), Raúl Veiga secretario do Colexio de Arquitectos, Luis Latorre como reprentante de Lugo Monumental, e moderará Paco Nieto.

O seguinte xoves, día 21 de novembro, á mesma hora e mesmo lugar, participará Jose Enrique Villarino ex xefe de gabinete en alta velocidade de RENFE, Valentín Arias, como representante da Unión de asociacións veciñais de Lugo, Esther Gómez como membro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Xose Lois Losada do CS Mádia Leva. Esta vez será Adela Figueroa quen moderará o debate.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo