" />

Adif garante a humanización e uso público da antiga estación de tren de Láncara

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, mantiveron hoxe en Madrid unha reunión de traballo coa Directora de Adif, Isabel Pardo de Vera, para afondar nas demandas dos veciños deste municipio a este organismo do Estado.

Na xuntanza, os socialistas defenderon, entre outras cousas, a necesidade de desenvolver un proxecto que humanice os espazos ferroviarios pechados tras a entrada en servizos dos case 8 quilómetros do novo trazado, mantendo a propiedade pública e dándolle uso público. Así, Adif comprometeuse, co rexedor a humanizar o espazo de máis de 1 quilómetro na Pobra de San Xillao mediante un proxecto que permita a mellora de accesos.

Piñeiro López acadou ademais a garantía de que tanto o conxunto dos terreos do antigo trazado ao seu paso polo Concello de Láncara, como o propio edificio da antiga estación na Pobra de San Xillao manteñan a súa titularidade pública e lle dean un uso público en beneficio de todos os veciños deste Concello. Adif comprometeuse co Alcalde a non deixar en ningún caso que este entorno caia en mans privadas. 

A proposta dos socialistas, nas vindeiras semanas celebrarase en Láncara unha reunión na que afondar cos 4 Concellos afectados pola posta en servizo do novo trazado (Láncara, Sarria, O Páramo e O Corgo) a posibilidade dun proxecto de recuperación da Senda Verde.

Supresión de tres pasos a nivel en Sarria

A unha reunión similar, tamén esta mañá e con Adif, acudiu Santos Ramos xunto coa alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, para solicitar unha reunión de Adif cos veciños de Parga co fin de explicarlles o proxecto de supresión de 3 pasos a nivel na localidade. Nas vindeiras semanas, profesionais de Adif trasladaranse polo tanto a Guitiriz para detallar aos veciños as actuacións previstas para facer máis seguro o Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo