Adif suprimirá catro pasos a nivel en Sarria

Adif suprimirá catro pasos a nivel na liña convencional Ourense-Monforte de Lemos- Lugo.Trátase dos pasos situados nos puntos quilométricos (PPKK) 393/072, 393/993, 394/849 e 395/420, no termo municipal de Sarria. As solucións previstas inclúen o acondicionamento, mellora e ampliación de viais existentes, a conexión con outras estruturas de paso a distinto nivel xa en servizo (paso superior) e unha obra de drenaxe transversal no regacho das Paredes. Ademais, executarase un paso inferior baixo a vía férrea para restituír o tráfico peonil e de vehículos agrícolas á altura do PK 394/849, dando continuidade ao Camiño de Santiago e os viais agrícolas existentes que conflúen nese punto. Esta actuación implica a depresión (baixada de cota) dos viais de conexión cara á zona.

Pola súa banda, a continuidade do Camiño de Santiago á altura do PK 395/420 resolverase mediante a execución dunha nova pasarela, con ramplas de pendente adaptada para persoas con mobilidade reducida. As solucións mellorarán a permeabilidade transversal no municipio e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade dos peóns e os tráficos ferroviarios e viarios.

A supresión destes catro pasos súmase ás actuacións en marcha para eliminar outros 19 pasos a nivel no traxecto Ourense-Monforte-Lugo (dous na cidade de Ourense, dúas en Monforte, nove no termo municipal de Sarria e seis en Lugo capital).

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com