" />

Afectados os habitantes dunha vivenda en Vilalba tras producirse unha fuga de gas

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde aos ocupantes dunha vivenda afectados por unha fuga de gas.

Sucedeu ás 16:30 horas de hoxe nun domicilio do lugar de Vilamartín, en Vilalba, a onde se dirixiron os bombeiros da localidade para comprobar que había un mando da cociña aberto, segundo informa 112 Galicia.

Cando cortaron o subministro, airearon a vivenda e bloquearon a energía eléctrica para evitar máis problemas. Pola súa banda, o equipo médico atendeu in situ aos ocupantes da vivenda, que, finalmente, non necesitaron traslado hospitalario.

Este operativo activouse tras recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que solicitaba asistencia médica urxente debido a que dentro da casa había persoas dependentes. Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Vilalba, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foi necesaria a colaboración dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo