Agustín Baamonde continuará loitando por revalidar unha nova maioría en Vilalba

O PP confía en Agustín Baamonde de novo para revalidar unha nova maioría absoluta en Vilalba. O avogado e actual rexedor foi proclamado onte candidato por aclamación do comité executivo local. Nese senso, Baamonde agradece “o apoio unánime e a mostra de confianza que tratarei de recompensar con traballo e coa elaboración dunha lista competitiva para gañar as eleccións”.

A presidenta do Partido Popular da nosa provincia, Elena Candia, destaca “a súa dilatada experiencia política tanto no eido municipal coma provincial ou autonómico onde formou parte do Grupo Popular entre os anos 2005 e 2016”. Igualmente, a dirixente popular manifesta que “Agustín Baamonde ten demostrada unha gran capacidade de xestión ao fronte do Consistorio vilalbés” e, polo tanto, non dubida en que “seguirá traballando polo futuro de Vilalba”.

O candidato popular afronta estes novos comicios electorais coa idea de “revalidar a maioría necesaria para poder gobernar a pesar das dificultades que poida supoñer o actual panorama político”. Con todo, confía “na forza do Partido Popular en Vilalba”. Baamonde explica que “agardamos contar coa confianza dos veciños e veciñas para continuar cos proxectos pendentes que garantan o futuro de Vilalba”. Concretamente o popular cre que “é necesario ampliar o polígono para dar resposta á escaseza de solo industrial” e tamén se plantexa como obxectivo de futuro “o Plan Xeral, a dinamización do rural e a prestación de servizos sociais”.

Igualmente, o actual rexedor e candidato popular á alcaldía de Vilalba manifesta o seu compromiso por “traballar polo desenvolvemento do municipio e na procura de solucións ao problema xeneralizado do despoboamento dando tamén resposta ás necesidades reais dos vilalbeses e atención aos nosos mozos e maiores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com