" />

A alcaldesa de Viveiro absolta pola súa implicación na licenza da fábrica de Vestas

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto cos seus compañeiros de Goberno foron absoltos das acusacións polas que foron xulgados.

O Presidente da Xestora Socialista Lucense, Luis Angel Lago Lage amosou este venres a súa inmensa satisfacción e a de todos os socialistas lucenses, tras coñecer a sentencia.

Lago lage, criticou que “xa van sendo moitos os casos de socialistas na provincia de Lugo que sofren e están sufrindo procesos xudiciais longos e tortuosos, que despois de anos quedan en nada”, e advirte, “que estes casos fixeron un dano persoal, familiar e político moitas veces irreparable”. E preguntouse “neste caso, e nos anteriores quen repara o dano persoal, familiar e político causado de xeito inxusto e inxustificado?”.

Dende o PSOE demandamos unha vez máis aos órganos de control e dirección do Poder Xudicial rapidez e seriedade nas instrucións xudiciais para que poña as medidas necesarias de control e inspección, co fin evitar casos como o da Rexedora de Viveiro e os compañeiros de corporación”, dixo Lago Lage.

Por último esixiu “celeridade e profesionalidade nas investigacións que nestes intres seguen abertas en relación a outros compañeiros socialistas desta provincia, aos que están privando da súa actividade política e sofren a diario as consecuencias de longas investigacións e infundadas acusacións”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo