A Alcaldesa e o Reitor da USC acordan a cesión da Domus do Mitreo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, asinaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dous convenios de colaboración entre a institución municipal e a universitaria. Ao acto tamén asistiu o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, así como os distintos vicerreitores de Lugo, mestres e arqueológos.

Trátase, por unha banda, dun convenio para que a USC se faga cargo en solitario da xestión do museo da Domus do Mitreo, ubicado no Vicerreitorado, con vistas a transformalo no Museo Universitario Domus do Mitreo, e coa finalidade de que este se convirta nunha potente infraestrutura de apoio á docencia e á investigación, dotada ademais dunha dimensión divulgativa; e dun segundo convenio marco, para o estudo, difusión e valorización do patrimonio cultural lucense, que se poderá materializar en outros convenios específicos de colaboración. Ambos os dous teñen unha duración  de catro anos, podendo renovarse de común acordo por igual período.

“A entidade beneficiaria da sinatura destes convenios é a cidadanía de Lugo e con estes acordos gaña a cultura”, asegurou na traxectoria do acto a Alcaldesa, quen enmarcou este acto de firma, coincidindo no ano 2018, ano Europeo do Patrimonio Cultural, nunha “colaboración do público-público, capaz de crear sinerxias positivas que redunden beneficiosamente no marco de actuación das dúas institucións”.

“Para Lugo o campus é imprescindible, máis aló da parte educativa, que é fundamental”, asegurou a rexedora, quen avanzou que con ambos os dous convenios e dado que o alumnado cada vez é máis esixente, dótase de infraestruturas e colaboracións á cidade que poden funcionar como atractivo de destino para o estudantado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com