Alcoa anuncia que reanudará o arranque das cubas este mes de xullo

A compañía Alcoa anunciou este luns que reanudará o proceso de arranque das cubas da planta de San Cibrao.

A planta de aluminio viuse afectada durante o apagón do pasado 28 de abril que afectou a toda España. Como consecuencia de dito apagón a planta de aluminio e a refinería vironse afectadas e afectou ao arranque da planta.

A partir dese momento a empresa decidiu parar o arranque ata que o Goberno Central dera as explicacións sobre as causas do apagón. Agora, case tres meses despois, e reunidos con representantes do goberno central e autonómico, decidiron reanudar o arranque neste mesmo mes de xullo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com